Unha medalla de ouro unha morea de mellores marcas e moita superación

Feb 22

IMG-20150222-WA0015

Finalizado o campionato de España Master, disputado en Pontevedra, debemos destacar, no que a nosa participación se refire, a Marta Saladina que se proclamou campiona de España, da súa categoría, nos 100 costas.

IMG-20150221-WA0012Todos os nosos participantes competiron a gran nivel nas súas probas, logrando superar  os seus mellores rexistros.

Pero a natación non se resume en marcas, dende o CN Ponteareas cremos que o realmente importante e ver como un grupo de persoas que hai uns anos tiña a natación como un simple pasatempo, como unha actividad física, acaban  de rematar a sua participar nun campionato de nivel nacional, e converteron a natación no seu deporte demostrando o seu entorno un gran espíritu de superación e que nunca e tarde para perseguir un soño.

Marta,  Carmen, Vero, Tania, Pedro e Javi gracias por representarnos, todos os que formamos parte deste equipo estamos moi orgullosos de vos.