Sonia e Irene aproveitan a súa participación coa Selección Galega

Feb 06

sonia irene comunidades

Sen lugar a dúbidas, podemos dicir que tanto Sonia como Irene aproveitaron a súa participación no Campionato de España de Comunidades Autonomas, disputado en Castellón os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro.

VER RESULTADOS

E dicimos que o aproveitaron non so no ambito deportivo, ambas baterón marcas persoáis en piscina de 50 e fixeron unha boa aportación ó combinado galego, senon tamén en outros aspectos referentes a súa formación como deportistas.

Tal e como recoñecen as nosas deportistas, coñecer de primeira boca, a realidade de outros nadadores e recibir os consellos de outros adestradores, foron aspectos moi positivos para elas.

As nosas nadadoras viñeron coas pilas ben cargadas de Castellón  e agora xa están centradas nas próximas citas co seu clube. O Campionato Galego de Inverno (Ourense) e o Campionato de España de Inverno (Cádiz).