4ª Xornada liga Alevín e Benxamín en Ponteareas.

Feb 09

 

Gran ambiente o que se viviu onte, Domingo 8 de Febreiro, en Ponteareas durante a celebración da 4ª xornada de liga alevín e benxamín.

4ª Jornada liga Alevín Benjamín

Unha competición que reuníu na Piscina de Ponteareas a máis de cen nadadores, con idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos, pertencentes a tres clubes da provincia, CN Galaico de Pontevedra, CN Sanxenxo e o CN Ponteareas.

CSC_0132

No referente ós nadadores de Ponteareas, a competición foi un exito rotundo. Na categoría benxamín poidemos observar como os nosos nadadores continúan amosando as súas millorías en tódalas probas, mentres que na categoría alevín moitos dos nosos representantes obtiveron as mínimas de participación para os Campionatos Galegos.

Ver Resultados Alevín

Ver Resultados Benxamín

A próxima cita para a natación en Ponteareas, será o Trofeo Amizade o 11 de Abril.

 

Sigue lendo

Sonia e Irene aproveitan a súa participación coa Selección Galega

Feb 06

sonia irene comunidades

Sen lugar a dúbidas, podemos dicir que tanto Sonia como Irene aproveitaron a súa participación no Campionato de España de Comunidades Autonomas, disputado en Castellón os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro.

VER RESULTADOS

E dicimos que o aproveitaron non so no ambito deportivo, ambas baterón marcas persoáis en piscina de 50 e fixeron unha boa aportación ó combinado galego, senon tamén en outros aspectos referentes a súa formación como deportistas.

Tal e como recoñecen as nosas deportistas, coñecer de primeira boca, a realidade de outros nadadores e recibir os consellos de outros adestradores, foron aspectos moi positivos para elas.

As nosas nadadoras viñeron coas pilas ben cargadas de Castellón  e agora xa están centradas nas próximas citas co seu clube. O Campionato Galego de Inverno (Ourense) e o Campionato de España de Inverno (Cádiz).

 

Sigue lendo

23 Medallas no Campionato Galego Master

Feb 06

Un total de 23 medallas, 18 en probas individuáis e 5 en probas de relevos, foron as que conseguiron os nadadores master de Ponteareas no Campionato Galego Master celebrado en Carballo.

Ver Resultados

equipo master

Raquel Vilaro Fonticoba: 100 braza (bronce)

Marta Saladina Gonzalez Rodriguez: 200 Costas (ouro) e 200 libres (ouro)

Margarita del Amo Blanco: 200 costas (ouro) e 50 costas (ouro).

Marta Abreu Fernández: 200 costas (prata).

Veronica Troncoso González: 200 Espalda (prata) e 200 Libres (ouro).

Emilio Rodriguez Gómez: 200 Costas (ouro) e 50 Braza (ouro).

Carmen Sueiro Costas: 100 Estilos (prata) e 200 libres (bronce).

Cristina Calviño Cancela: 50 bolboreta (prata) e 200 libres (ouro)

Jairo Vilasboas Carballido: 50 Bolboreta (ouro) e 50 libres (bronce)

Tania Suárez Lage: 50 Braza feminino (ouro)

Rodrigo González Conde: 50 Braza masculino (prata)

Relevo 4×50 libres femenino:

Ponteareas cat +200. (Marta Saladina, Marga Del Amo, Cristina Calviño, Marta Abreu)- Bronce

Relevo 4×50 libres masculino:

Ponteareas cat+100 (Jairo Vilasboas, Javi Vila, Andrés Carrera, Rodrigo Gonzalez)- Ouro

Relevo 4×50 libres mixto:

Ponteareas cat+80 (Jairo Vilasboas, Javi Vila, Vero Troncoso, Tania Suarez)- Prata

Relevo 4×50 estilos masculino:

Ponteareas cat +100 (Andrés Carrera, Javi Vila, Jairo Vilasboas, Rodrigo González)- Ouro

Relevo 4×50 estilos feminino:

Ponteareas cat+200 (Marta Saladina, Marga del Amo, Cris Calviño, Marta Abreu)- Prata

marta y marga

Marta Saladina e Margarita del Amo

Emilio

Emilio Rodriguez

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sen dúbida, ainda que sen desmerecer a ningun dos nadadores do CN Ponteareas, debemos destacar o papel de Emilio Rodriguez, Marta Saladina e Margarita del Amo; que obtiveron a medalla de ouro nas duas probas individuáis nas que participaban.

No referente as clasificacións por equipos, o CN Ponteareas acadou o sexto posto na categoría feminina, oitavo na masculina e sétimo posto na clasificación conxunta.

Para a maioria dos nosos masters este campionato pon punto final a primeira parte da tempada, outros aínda teñen unha ultima cita, nos campionatos de España que terán lugar en Pontevedra os días 19-22 de Febreiro.

 

 

Sigue lendo

Boa representación do CN Ponteareas no Galego de Inverno Master

Ene 29

Un total de 17 nadadores acudirán este domingo (01/02/2015) a Carballo, para disputar o Campionato Galego Master de inverno.

Os nadadores de Ponteareas van cargados de ilusión e a bo seguro que nos traeran unha boa cantidade de medallas, como nos teñen acostumados.

Pero sen dúbida o máis importante é poder desfrutar da experiencia do campionato, algo que seguramente será doado, pois este tipo de competición sempre está rodeada de un gran ambiente festivo tanto por parte dos participantes como dos organizadores.

Master 1 Ver Convocatoria

Sigue lendo

Irene e Sonia no Campionato de España por CC. AA.

Ene 29

As nadadoras do CN Ponteareas, Irene Fernández Pardo e Sonia González Piñeiro foron convocadas para participar coa selección galega no Campionato de España por Comunidades Autónomas, que terá lugar esta fin de semana en Castellón (La Salera).

Irene y sonia CCAA

Irene participará nos 100 e 200 bolboreta e nos 50,100 e 200 libres; mentres que Sonia nadará os 100 e 200 braza.

O campionato terá lugar o Sábado 31 de Xaneiro e o Domingo 1 de Febreiro, no seguinte enlace poderedes seguir a competición:

Web Campionato

Dende o CN Ponteareas desexamos que as nosas nadadoras aproveiten a experiencia e obteñan os mellores resultados posibles.

Sigue lendo

Toma de Tempos de Inverno Domingo 25 Xaneiro

Ene 23

 

O domingo día 25 de xaneiro temos unha cita coa natación na piscina do Complexo Deportivo Alvaro Pino, coa desputa da Toma de Tempos de Inverno.
TOMA DE TEMPOS INVERNO

 

Un total de 125 nadadores apuran as súas ultimas oportunidades para acadar as mínimas para os campionatos autonómicos e nacionáis, de inverno.

Participarán nadadores de CN Rias Baixas, Real Club Nautico de Vigo, CN Redondela, CN Mos e CN. Galaico.

A cita a partires das 10.00 horas, unha boa oportunidade para desfrutar da natación en Ponteareas,

Sigue lendo

CN Ponteareas máis solidario que nunca

Ene 01

O CN Ponteareas participa de forma activa no I Maratón Solidario que terá lugar no complexo Alvaro Pino  dende o Venres día 2 as 19:00 horas ata o Sabado día 3 as 19:00 horas.

O maratón consta de varias actividades como podedes observar no cartel do evento.

maraton solidario Cartel

O CN Ponteareas terá a responsabilidade de encher a piscina nun horario un tanto extraño, dende as 23.00 horas ata as 9:00 horas, pero confiamos nos cidadans de Ponteareas e na súa solidaridade, así como na dos membros do CN Ponteareas, que a bo seguro se querrán mandar un “chapuzón nocturno”.

O noso obxetivo particular, despóis do primordial, que é a achega de alimentos e productos de primeira necesidade (Tomate fritido, cereais, aceite e productos de hixiene e limpeza); será ocupar as seis rúas da piscina municipal con alomenos un nadador dende as 23.00 ata as 9.00 horas. Non importa o nivel, o tempo que queiras nadar, a distancia e a intensidade corren da túa conta.

Esperamosvos a todos, xa sabes non te quedes sen mollarte pola solidariedade e da o teu relevo solidario.

 

Sigue lendo
Páxina 3 de 512345