LUCAS COSTA ENTRE A ELITE NACIONAL

Mar 25

cartel open malaga

lucas costa foto para malaga

O Pontearean Lucas Costa participará no campionato de España Open de Primavera, que se disputará en Malaga, dende o Sábado 28 de marzo, ata o Domingo 31 do mesmo mes.

Esta competición é a máis importante do calendario nacional absoluto. Lucas tomará parte da mesma, pese a ser todavía nadador junior. Compartirá piscina cos mellores nadadores españois, que buscan a clasificación para o mundial de Kazan; ademáis de un bo número de nadadores internacionáis, que se aproveitan de que se trata dunha competición  tipo Open.

Pese a non ser o principal obxetivo da tempada para Lucas, estamos seguro que dará todo o seu 100 por 100, como nos ten acostumados cada vez que compite. E a bo seguro que aproveitará esta nova oportunidade de competir o máximo nivel.

Lucas participará nos 1500 libres e nos 800 libres.  No seguinte enlace poderedes seguir todo o campionato, ainda que a competición tamén se poderá seguir por teledeporte.

Web do Campionato

Sigue lendo

Tres representantes no Nacional de Cádiz

Feb 26

cartel infantil Cadiz

Os nadadores Lucas Costa, Sara Ibañez e Irene Fernández, participarán dende mañá, Xoves 26 de febreiro, ata o Domingo, 1 de marzo, no campionato de España Junior infantil.

lucas sara irene Cadiz

Lucas tomará parte nos 1500 libres, 400 libres e 200 libres; Sara nos 100 costas, 200 costas e 200 libres; mentres que Irene disputará os 50 libres, 100 libres, 100 bolboreta, 200 bolboreta e 200 costas.

No seguinte enlace podedes consultar todo o referente a competición, sen dúbida unha das máis importantes do calendario nacional:

Web do Campionato

 

Sigue lendo

Unha medalla de ouro unha morea de mellores marcas e moita superación

Feb 22

IMG-20150222-WA0015

Finalizado o campionato de España Master, disputado en Pontevedra, debemos destacar, no que a nosa participación se refire, a Marta Saladina que se proclamou campiona de España, da súa categoría, nos 100 costas.

IMG-20150221-WA0012Todos os nosos participantes competiron a gran nivel nas súas probas, logrando superar  os seus mellores rexistros.

Pero a natación non se resume en marcas, dende o CN Ponteareas cremos que o realmente importante e ver como un grupo de persoas que hai uns anos tiña a natación como un simple pasatempo, como unha actividad física, acaban  de rematar a sua participar nun campionato de nivel nacional, e converteron a natación no seu deporte demostrando o seu entorno un gran espíritu de superación e que nunca e tarde para perseguir un soño.

Marta,  Carmen, Vero, Tania, Pedro e Javi gracias por representarnos, todos os que formamos parte deste equipo estamos moi orgullosos de vos.

Sigue lendo

6 Representantes no Campionato de España Master

Feb 19

1423107494_10860984_332090460333182_6561329949002419933_o

Seis representantes do CN Ponteareas participarán dende a tarde do Xoves 19 de Febreiro ata a mañá do Domingo 22, no campionato de España Máster que se celebra en Pontevedra.

Carmen Sueiro, Marta Saladina González, Javier Vila, Pedro Lois Suárez, Tania Suárez e Verónica Troncoso son os nomes que nos representarán en Pontevedra.

Estaremos atentos as súas participacións durante toda a fin de semana.

Sigue lendo

Resumo da segunda Xornada do Campionato Galego Infantil-Junior

Feb 14

A participación de nadadores Ponteareans na segunda xornada do Campionato Galego foi a seguinte:

Sara Ibañez- medalla de Bronce en 100 libres infantil (1.04.30), con mellor marca persoal e subcampiona galega en 100 costas infantil (1.11.07) con millor marca persoal e mínima para os nacionais.

Andrea Portela- mellor marca persoal en piscina 50m, en 100 libres infantil (1.12.15) e cuarta clasificada en 200 bolboreta infantil (2.43.35) coa súa millor marca persoal.

Erika Represas- decima clasificada en 100 braza junior (1.28.79), con millor marca persoal en piscina de 50m,

Sonia Gonzalez- subcampiona galega en 100 braza infantil (1.21.79) con millor marca persoal en piscina de 50,  e septima clasificada en 400 libres Junior(5:02.02) tamén con millor marca persoal.

Laura Rodriguez- sexta clasificada en 800 libres junior (9.55.76) e quinta clasificada en 400 libres junior (4:46.50).

Irene Fernández- quinta clasificada en 800 libres infantil (10.03.14) con millor marca persoal e campiona galega en 100 costas (1.10.14) con millor marca persoal e mínima para os nacionáis.

Mencia Jimenez- cuarta clasificada en 50 costas Junior (33.30), con millor marca persoal e millor marca persoal en 100 costas Junior (1,14.99).

Lucía Rodriguez- millor marca persoal en piscina de 50m en 50 Costas(38.10).

Laura Costa- setima clasificada en 200 bolboreta infantil (2.48.55) con millor marca persoal.

Lucas Costa- medalla de bronce ne 200 bolboreta junior con unha millor marca persoal de 2.20.24.

Adrián Bouza- quinto clasificado en 200 bolboreta junior con unha millor marca persoal en piscina de 50m de 2.27.13.

Remuda 4×100 libres feminino infantil- o equipo formado por: Sonia, Irene, Sara e Laura Costa, obtivo a medalla de bronce, con unha gran actuación das catro relevistas que rondaron ou superaron as súas millores marcas. O tempo final foi 4.22.26, a menos de un segundo do ouro.segunda jornada inf junior

Remuda 4×200 libres feminino junior- o equipo formado por: Laura Rodriguez, Érika, Lucía e Mencia, acadou a novena posición, con un rexistro de 9:48.67. Todas as relevistas batiron a súa milllor marca en piscina de 50m.

 

Sigue lendo

Resumo 1ª xornada do Campionato Galego infantil/junior

Feb 13

1ra jornada gallego invierno junior inf

Sonia, Laura Costa, Irene, Andrea, Sara e Lucas. Medallistas na primeira xornada

 

 

Os 11 nadadores do CN Ponteareas debutarón na primeira sesión do Campionato Galego Junior-Infantil de Inverno:

Lucas Costa- segundo clasificado junior e medalla de prata nos 100 metros bolboreta (1.02.80)

Adrián Bouza- noveno clasificado en 200 estilos categoría junior con unha mellor marca persoal en piscian de 50 de 2.26.86

Laura Rodriguez- 5ta clasificada junior en 200 libre con unha mellor marca persoal en piscina 50m de 2:16.70 e mellor marca persoal en 100 libres (1.03.33) como primeira relevista no relevo de 4×100 libres junior.

Mencia Jimenez, Erika Represas e Lucía Rodriguez- Participaron no relevo 4×100 libres junior, completando o equipo con Laura Rodriguez, e as tres obtiveron os seus mellores rexistros persoais, 1.06.15, 1.09.58,  1:10.20 foron os seus rexistros respectivamente.

Andrea Portela obtivo a súa primeira medalla individual en un campionato galego nos 100 bolboreta infantil, onde acadou a medalla de prata con unha mellor marca persoal de 1.11.50. Tamén participou nos 200 estilos, pero visiblemente cansada da proba anterior, non puido amosar a súa millor versión, 2:57.60 foi a súa marca final.

Laura Costa, acadou dúas mellores marcas persoáis nas dúas probas individuáis nas que participou. 100 bolboreta con 1.16.49, acadando o oitavo lugar, e 200 estilos con 2:53.23. Tamén tomou parte no relevo de 4×200 libre infantil, onde con un tempo de 2.33.36 colaborou na consecución da medalla de bronce.

Sara Ibañez acadou a medalla de prata en 200 libres con unha mellor marca persoal de 2:16.02, rexistro que é ademáis marca mínima para participar no campionato de España de invern.  Tamén formou parte do equipo de 4×200 libres, onde pechou o relevo con unha marca de 2:17.07.

Sonia Gonzalez acadou unha mellor marca persoal en piscina de 50, nos 200 metros estilos (2:43.59) proba na que rematou undécima. Tamén foi a encargada de abrir o relevo de 4×200 libres con unha mellor marca persoal en piscina de 50 de   2.24.86.

Por último, Irene Fernández  completou o relevo 4×200 libres, con unha fantastica marca de 2.16.32, relevo que, tal e comentamos anteriormente se colgou a medalla de bronce, quedando a escasas dúas centesimas da prata.

No siguiente enlace podedes ver os resultados completos.

Web do Campionato

 

Sigue lendo

11 representantes do CN Ponteareas no Galego infantil-junior de inverno

Feb 12

Un total de once nadadores do Clube Natación Ponteareas se desplazarán esta fin de semana a Ourense para disputar o Campionato Galego Infantil Junior de inverno. Competición que arrancará a tarde do venres 13 e finalizará o na tarde do domingo 15, que nos permitirá vivir un total de 5 sesións de natación de auténtico nivel.

cto jun inf de inverno

Ver Convocatoria

Na categoría infantil, Ponteareas conta con 5 nadadoras (Sonia, Irene, Laura Costa, Sara e Andrea) que disputarán un total de 18 probas individuáis e 3 remudas.

Na categoría junior, participarán 4 rapazas (Laura Rodriguez, Erika, Lucía, Mencía) e 2 rapaces (Lucas e Adrián Bouza), que disputarán un total de 22 probas individuáis e 3 remudas.

Seguro que todos loitarán por dar o mellor de si e a bo seguro estarán na loita polos postos de honra do campionato.

 

Podedes seguir as súas evolucións no seguinte enlace:

web do campionato

Sigue lendo
Páxina 2 de 512345