Andrea Dominguez e Pablo Cabana no Campionato Europeo de Augas Abertas

Jul 14

Extraordinaria actuación dos nadadores do C.N. Ponteareas no Campionato Europeo de Natación en augas abertas que disputouse nas costas de Malta onte Venres 13 de Xullo.

Andrea Dominguez Casabella rematou en 11º posición, entrando na meta xunto a súa compañeira na selección Española, e Pablo Cabana del Amo chegaba nun 8º posto (1º dos españois) nas súas probas, un circuito de 5 km de distancia na categoría infantil.

Ambo os dous fixeron un traballo moi salientable, loitanto ata o final polas primeiras posicións e acadando uns magníficos resultados.

É moi posible que teñan a posibilidade, logo de obter estes resultados, de ser chamados de novo coa selección Española para participar no mundial da categoría que se terá lugar en Setembro en Israel.  Agardamos esa esperanza pero, pase o que pase, a súa actuación como primeiros nadadores do Clube en participar nunha proba Europea son un éxito.

Noraboa!!!!

Sigue lendo

Campionato Galego Alevín de Verán

Jul 05

Esta fin de semana, 30 de xuño e 1 de Xullo, celebrouse na piscina Rosario Dueñas de Ourense o  Campionato Galego Alevín de Verán.

21 Clubes cos seus equipos participaron nas 4 sesións da proba.
@s nadador@s do noso Clube voltaron a casa con 6 metais de OURO, cunha Mellor Marca Galega incluida para Pablo Cabana,
3 de PRATA e 3 de BRONCE.
A clasificación final por equipos conxunta quedou encabezada polo C.N. Ferrol, despois o C.N.  Galaico (Pontevedra) e o C.N.  Coruña na 3a posición, ocupando o CNPONTEAREAS o 6° lugar.

Boa actuación de tod@s! Parabéns!!!

Sigue lendo

Éxitos do CNPonteareas no XXI Campionato de España de Augas Abertas

Jun 18

Éxito do noso Clube esta fin de semana en Sevilla (Campionato de España de Augas Abertas)onde Andrea Dominguez Casabella e Pablo Cabana del Amo acadaron o Campionato de España na categoría Infantil (distancia 5km) e con iso a praza para competir coa selección Nacional no Campionato de Europa que se vai disputar o 14 e 15 de Xullo en Malta. Ademáis, Andrea quedou clasificada para participar na Mediterranean  Open Water Swimming Cup, proba na que tamén acudirá coa selección nacional e que terá lugar en Grecia  28 e 29 de Xullo.

O equipo formado por Carla Faro, Laura Rodrigez, Andrea Dominguez, Lucas Costa, Marcos Martínez, Javier Alonso e Pablo Cabana conseguiu o 9ª posto masculino e o 4º feminino, participando de xeito salientable tod@s el@s nas súas probas individuais e máis nunha remuda de 4x1250m onde foron 6º clasificados.

Pablo e Andrea van ser por tanto os primeiros NADADORES INTERNACIONAIS do Clube na súa historia, coa posibilidade de saír clasificados para participar no mundial de augas abertas dependendo da súa clasificación no Europeo.

Noraboa a todo o equipo, e moitísima forza para os representantes do Campionato de Europa!!!!!!

 

Sigue lendo

Listaxe Definitiva de inscritos no XIX Trofeo Amizade

Jun 07

Lista de participantes XIX Trofeo Amizade definitiva

Sigue lendo

Clasificación trofeo Pinturas Alborada 2018

May 04

Xa podedes consultar a clasificación do trofeo Pinturas Alborada logo da celebración das Xornadas de Liga Promesa 2017-2018.

CLASIFICACIÓN FINAL _ TROFEO PINTURAS ALBORADA 2018

Sigue lendo

Titulo e ascenso á 1 División

May 02

O C.N. Ponteareas acadou o Título de Campión da Liga Galega de Clubes de 2a división cunha destacada actuación na derradeira xornada desputada na Piscina de A Cañiza. Obxectivo cumplido, a próxima tempada O Clube estará a competir no grupo da 1a división Galega.

Parabéns!

Resultados

Sigue lendo

Campionato de España Infantil

Abr 01

Noraboa á nosa representante no Campionato de España de Natación infantil que tivo lugar no Complexo Deportivo Rias do Sur en Pontevedra (do 25 ao 28 de Marzo, 2018). Carla Faro Martínez parcipou en 4 probas, acadando dúas medallas de Bronce no 200S e 400S, o 10° posto no 100B (entrou na final A) e o 12° no 100 Bolboreta (na final B). Uns resultados excelentes!!!

Sigue lendo
Páxina 1 de 2512345...1020...Fin »