A UN PASO DO ASCENSO….

Feb 16

O Club Natación Ponteareas conseguiu a segunda praza na última xornada da fase preliminar da Copa Galega celebrada o sábado día 12. O CN Ponteareas, que competía en casa, soamente foi superado polo R.C. Náutico de Vigo. Os nadadores locais demostraron un grande esforzo e realizaron unha fantástica actuación que, sen dúbida ningunha, se viu recompensada.

A clasificación para a fase final, que terá lugar nas instalacións do Real Club Nauticó de Vigo o 7 de Maio, queda da seguinte maneira:

1º R.C. Náutico de Vigo.

2º Club Natación Ponteareas.

3º AD Fogar.

4º Club Natación Arteixo.

5º AD Náutico de Narón.

6º CN Portamiñá.

Os ponteareáns loitarán nesta última fase polo ascenso á División de Honra. Isto suporía o terceiro ascenso consecutivo e o premio ao esforzo e a loita dos nadadores. Agora máis que nunca todos os nadadores deben esforzarse e adestrar para lograr o tan merecido ascenso.

¡¡¡Noraboa a todos!!!

Sigue lendo

Resultados 3ª Xornada Liga Infantil

Feb 15

o 3 de febreiro disputouse 3ª Xornada de liga infantil celabrada na piscina do real club nautico de Vigo. Os nosos nadadores fixeron unha discreta actuación , xa que nestes momentos da tempada están adestrando moi duro para as vindeiras competicións de nivel autonómico e nacional. Moito ánimo para todos, que se atopan no bo camiño!!!

Ollar Resultados

Sigue lendo

2ª XORNADA LIGA INFANTIL

Nov 29

Este sábado, 26 de Novembro,disputouse na piscina do Real Club Náutico de Vigo a 2ª Xornada de Liga Infantil. O CN Ponteareas acudiu a cita cun equipo formado por :

En Categoría Femenina: Sara Gándara, Iria Rodriguez, Noelia Piñeiro, Sheila González

En  Categoría Masculina: Adrián Gándara, Martín Carrera, Fran Cobelo, Anxo Pino, Manuel Ibañez , Iago Sobreira

En Xeral os nosos infantis acadaron un bo nivel de marcas, que amosan unha boa progresión

¡¡Noraboa a Todos!!

Sigue lendo

Clasificación Copa Galega de CLubes

Nov 06

Resultados 1ª Xornada

1º RCN Vigo (369 puntos)

2ºCN Ponteareas (245puntos)

3ºFogar Carballo (242 puntos)

4ºADNáutico de Narón(223 puntos)

5ºCN Arteixo(223 puntos)

6ºCN Portamiñá (155puntos)

Sigue lendo

Resultados Trofeo Coruña

Nov 06

Ollar Resultados do trofeo de Coruña en ….http://www.cncoruna.com/TROFRES.pdf

Sigue lendo

Resultados Campionato Galego Longa Distancia

Oct 30

Ollar Resultados

Sigue lendo
Páxina 3 de 3123