RESUMO SEGUNDA XORNADA CTO. GALEGO ABSOLUTO

Dic 20

segunda jornada 2

Hoxe tivo lugar a segunda xornada do Campionato Galego Absouto de inverno.

Na primeira sesión houbo participación de nadadores de CN Ponteareas  en 200 bolboreta, 100 costas e 4×200 libres masculino.

En 200 bolboreta feminino boa actuación de Irene Fernández, que con 2.28.70, logrou un meritorio oitavo posto.

En 200 bolboreta masculino,  Fran Cobelo foi descualificado por viraxe irregular, unha magoa xa que lograra a súa mellor marca personal.

En 100 costas feminino  participarón Sara Ibañez, que fixo a súa mellor marca persoal (1:10.72) e Mencía Jimenez (1:13.94).

En 4×200 libres masculino, o equipo de Ponteareas finalizou a proba no decimo lugar, con unha marca de 8:15.21 (Martín 2.00.77- Fran 2:06.28- Bouza 2:09.78- Lucas 1:58.38).

 

Na segunda sesión as cousas forón moi ben para os intereses dos de Ponteareas. Coa consecución de dúas medallas, unha absoluta e outra de categoría absoluto mozo.

En 200 libres masculino chegou   a nova máis destacada da xornada, Lucas Costa parou o crono en 1:56.59 proclamandose subcampión galego absoluto.

En 200 libres feminino, Irene Fernandez  foi decimosegunda con 2.13.93, rexistro que supón un novo record do club, Laura Rodriguez decimo oitava con 2:14.90, mellor marca persoal e Sara Ibañez vixesimo cuarta con 2:17.25.

En 200 braza masculino, Martín conseguía a súa mellor marca, pero desafortunadamente,  foi descualificado por viraxe irregular.

En 200 braza feminino, Sonia Gonzalez acadou o decimoquinto posto con 2:52.42.

En 800 libres masculino,  Lucas Costa acabou sexto absoluto, con un tempo de 8:30.29, que supón unha nova mellor marca persoal. Mentrés Francisco Cobelo proclamouse Campion Galego da Categoría Absoluto Mozo, con un rexistro de 8:56.60.

segunda jornada 1

Para rematar, en 4×100 libres feminino, gran actuación novamente das nosas rapazas que pulverizarón o record do CN Ponteareas e acabaron na novena posición con un rexistro de 4:11.66 (Laura 1:03.34- Irene 1.00.96- Sonia 1.03.71- Sara 1.03.65)

 

Según palabras do adestrador, Andrés Carrera, o campionato está a traer bos resultados para o CN Ponteareas aínda que lamentou as descualificacións producidas no campionato, lembramos que van tres dende que o campionato empezou. Maña domingo terá lugar a terceira e última xornada do campionato.

web campionato