Resumo da segunda Xornada do Campionato Galego Infantil-Junior

Feb 14

A participación de nadadores Ponteareans na segunda xornada do Campionato Galego foi a seguinte:

Sara Ibañez- medalla de Bronce en 100 libres infantil (1.04.30), con mellor marca persoal e subcampiona galega en 100 costas infantil (1.11.07) con millor marca persoal e mínima para os nacionais.

Andrea Portela- mellor marca persoal en piscina 50m, en 100 libres infantil (1.12.15) e cuarta clasificada en 200 bolboreta infantil (2.43.35) coa súa millor marca persoal.

Erika Represas- decima clasificada en 100 braza junior (1.28.79), con millor marca persoal en piscina de 50m,

Sonia Gonzalez- subcampiona galega en 100 braza infantil (1.21.79) con millor marca persoal en piscina de 50,  e septima clasificada en 400 libres Junior(5:02.02) tamén con millor marca persoal.

Laura Rodriguez- sexta clasificada en 800 libres junior (9.55.76) e quinta clasificada en 400 libres junior (4:46.50).

Irene Fernández- quinta clasificada en 800 libres infantil (10.03.14) con millor marca persoal e campiona galega en 100 costas (1.10.14) con millor marca persoal e mínima para os nacionáis.

Mencia Jimenez- cuarta clasificada en 50 costas Junior (33.30), con millor marca persoal e millor marca persoal en 100 costas Junior (1,14.99).

Lucía Rodriguez- millor marca persoal en piscina de 50m en 50 Costas(38.10).

Laura Costa- setima clasificada en 200 bolboreta infantil (2.48.55) con millor marca persoal.

Lucas Costa- medalla de bronce ne 200 bolboreta junior con unha millor marca persoal de 2.20.24.

Adrián Bouza- quinto clasificado en 200 bolboreta junior con unha millor marca persoal en piscina de 50m de 2.27.13.

Remuda 4×100 libres feminino infantil- o equipo formado por: Sonia, Irene, Sara e Laura Costa, obtivo a medalla de bronce, con unha gran actuación das catro relevistas que rondaron ou superaron as súas millores marcas. O tempo final foi 4.22.26, a menos de un segundo do ouro.segunda jornada inf junior

Remuda 4×200 libres feminino junior- o equipo formado por: Laura Rodriguez, Érika, Lucía e Mencia, acadou a novena posición, con un rexistro de 9:48.67. Todas as relevistas batiron a súa milllor marca en piscina de 50m.