Resumo da 3ª Xornada do Campionato Galego Infantil-Junior

Feb 15

equipo inf jun ou 2015

Na terceira e última xornada do Campionato Galego Infantil Junior, os nosos nadadores continuaron tendo protagonismo.

Mencia Jimenez- decima en 50 bolboreta junior con unha millor marca persoal de 32.07, e posto 13 en 50 libres junior con un tempo de 30.66.

Lucía Rodríguez- millor marca persoal en piscina de 50 metros,  en 50 bolboreta junior (36.60)

Erika Represas- medalla de bronce en 50 braza junior, con millor marca persoal (38,16), millor marca persoal, en piscina de 50 metros, nos 50 libres (32,30) e tamén millor marca persoal en piscina de 50 nos 200 braza (3.12.81).

Irene Fernandez- Campiona Galega en 200 costas infantil, con unha millor marca persoal de 2.32,58, e Campiona Galega en 50 libres infantil, con unha millor marca persoal en piscina de 50 metros de 28,92.

Lucas Costa- cuarto clasificado en 200 costas junior (2.21.39) facendo mellor marca persoal en piscina de 50m, e quinto clasificado en 50 libres junior, con un tempo de 26,22.

Adrián Bouza- setimo clasificado en 200 costas junior, batendo a súa millor marca en piscina de 50 metros (2,26.06) e oitavo clasificado en 400 estilos junior (5.10.20).

 

Sara Ibañez- cuarta clasificada en 50 libres infantil, con un tempo de 30.19.

Sonia Gonzalez- medalla de bronce nos 200 braza infantil, con unha millor marca en piscina de 50 metros de 2.56.46.

Laura Rodriguez – decima en 400 estilos junior, con unha marca de 5.32.30.

En canto as remudas:

O equipo infantil feminino formado por: Sara Ibañez, Sonia González, Andrea Portela e Irene Fernández, proclamouse campión galego de 4×100 estilos infantil con un gran rexistro de 4:45.27.

O equipo junior feminino formado por: Mencía Jiménez, Erika Represas, Laura Rodríguez e Lucía Rodríguez, acadou o oitavo posto con un tempo de 5:07.49.

 

Unha vez finalizado podemos dicir que foi unha boa competición para os de Ponteareas, proba disto son as clasificacións fináis por clubes.

Femininina infantil-  Terceiros clasificados, con so 5 nadadoras en competición.

Feminina junior- novenos clasificados, con 4 nadadoras en competición.

Masculina junior- oitavos clasificados, con 2 nadadores en competición.

Conxunta junior- oitavos clasificados, con 6 nadadores en competición.

Ver Resultados

Agora todas as miradas están postas no vindeiro campionato de España, que terá lugar á ultima fin de semana do mes en Cadiz. E no que estarán presentes Lucas Costa, Irene Fernández e Sara Ibañez.