RESUMO 3ª XORNADA CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO

Dic 21

Tecera jornada cto gallego

 

A terceira e ultima xornada do Campionato comezou con forza para os intereses do CN Ponteareas. Nas remudas 4×50 libres os rapaces lograban o posto 14 con unha marca de 1:46.60, destacando a marca de Lucas (25.54) que foi o primeiro relevista, firmando a sua mellor marca persoal. Na proba  as rapazas mantendo a tónica do campionato lograron unha marca de 1:56.62 que lles permitiu rematar no posto 13, ademáis de batir o record do clube. Nesta proba a primeira relevista, Irene Fernández Pardo con un tempo de 28.22 logrou unha nova mellor marca galega de 13 anos de 50 libre.

No 1500 libre Francisco Cobelo proclamouse subcampión galego  na categoria absoluto mozo, mentres que Lucas Costa con un gran rexistro de 16:20.81 logrou un meritorio cuarto posto absoluto.

Na seguinte proba, os 200 espalda, Sara Ibañez con un rexistro de 2.29.30 acadou o posto 15 mentres que na categoría masculina, Adrián Bouza  foi 12º con 2.18.69 e Martín Carrera 14º con 2:19.25.

Nos 50 braza,  Sonia  obtivo o 15º posto con 36.87, mentres que a debutante Erika Represas logrou finalizar 16ª con  37.35.

Nos 800 libres Laura Rodriguez logrou a súa mellor marca persoal, 9:41.47, e acadou o posto 16.

Para finalizar a sesión matinal a remuda 4×100 libres masculino obtivo o posto 13 con 3:50.86. Destacando nesta remuda a marca de Lucas Costa na primeira posta 54.50.

Xa na sesión de tarde, Sonia Gonzalez lograba o posto 12 en 100 braza logrando a súa mellor marca persoal con 1:19.04.

Mencía Jimenez con 33.23 obtivo o posto 22 en 50 bolboreta, nadando moi cerca da súa mellor marca.

Nos 100 libres Sara Ibañez finalizou 24ª 1:04.09 e Irene Fernandez 11ª con 1:01.63, marca que supón un novo record do CN Ponteareas.

Na ultima proba individual, os 400 estilos, Laura Rodriguez e Martín Carrera non puideron estar nas súas marcas, pero ainda así Martín proclamouse campión galego da Categoría Absoluto Mozo e Laura logrou un meritorio 10º posto. Nesta proba Adrián Bouza, que completou un bo campionato, conseguiu facer unha mellor marca personal 4:55.76, acadando o posto 15 absoluto.

Para finalizar a xornada e o campionato tivemos unha de cal e outra de area. A remuda masculina de 4×100 estilos foi descualificada por viraxe irregular. Mentrés as nosas rapazas (Sara, Sonia, Irene, Laura)  lograban o pleno de records e batían tamen o de 4×100 estilos con un rexistro de 4:38.18, anterior 4.49.53.

Según o adestrador do clube, foi un bo campionato para os Ponteareans, pero sempre quedan cousas que corrixir e mellorar para seguir progresando nas proximas citas.

Web do campionato