Resumo 1ª xornada do Campionato Galego infantil/junior

Feb 13

1ra jornada gallego invierno junior inf

Sonia, Laura Costa, Irene, Andrea, Sara e Lucas. Medallistas na primeira xornada

 

 

Os 11 nadadores do CN Ponteareas debutarón na primeira sesión do Campionato Galego Junior-Infantil de Inverno:

Lucas Costa- segundo clasificado junior e medalla de prata nos 100 metros bolboreta (1.02.80)

Adrián Bouza- noveno clasificado en 200 estilos categoría junior con unha mellor marca persoal en piscian de 50 de 2.26.86

Laura Rodriguez- 5ta clasificada junior en 200 libre con unha mellor marca persoal en piscina 50m de 2:16.70 e mellor marca persoal en 100 libres (1.03.33) como primeira relevista no relevo de 4×100 libres junior.

Mencia Jimenez, Erika Represas e Lucía Rodriguez- Participaron no relevo 4×100 libres junior, completando o equipo con Laura Rodriguez, e as tres obtiveron os seus mellores rexistros persoais, 1.06.15, 1.09.58,  1:10.20 foron os seus rexistros respectivamente.

Andrea Portela obtivo a súa primeira medalla individual en un campionato galego nos 100 bolboreta infantil, onde acadou a medalla de prata con unha mellor marca persoal de 1.11.50. Tamén participou nos 200 estilos, pero visiblemente cansada da proba anterior, non puido amosar a súa millor versión, 2:57.60 foi a súa marca final.

Laura Costa, acadou dúas mellores marcas persoáis nas dúas probas individuáis nas que participou. 100 bolboreta con 1.16.49, acadando o oitavo lugar, e 200 estilos con 2:53.23. Tamén tomou parte no relevo de 4×200 libre infantil, onde con un tempo de 2.33.36 colaborou na consecución da medalla de bronce.

Sara Ibañez acadou a medalla de prata en 200 libres con unha mellor marca persoal de 2:16.02, rexistro que é ademáis marca mínima para participar no campionato de España de invern.  Tamén formou parte do equipo de 4×200 libres, onde pechou o relevo con unha marca de 2:17.07.

Sonia Gonzalez acadou unha mellor marca persoal en piscina de 50, nos 200 metros estilos (2:43.59) proba na que rematou undécima. Tamén foi a encargada de abrir o relevo de 4×200 libres con unha mellor marca persoal en piscina de 50 de   2.24.86.

Por último, Irene Fernández  completou o relevo 4×200 libres, con unha fantastica marca de 2.16.32, relevo que, tal e comentamos anteriormente se colgou a medalla de bronce, quedando a escasas dúas centesimas da prata.

No siguiente enlace podedes ver os resultados completos.

Web do Campionato