RESUMO 1ª XORNADA CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO

Dic 19

IMAG2274

 

Bo comezo de campionato para os nadadores do CN Ponteareas.

Comezamos cos relevos de 4×50 estilos, onde o equipo feminino bateu o record do Clube con unha marca de 2:08.56 (Sara 32.72, Sonia 35.93, Irene 30.13, Mencia 29.78) e o masculino firmou tamén un bo rexistro 1:56.26 (Fran 30.13- Martín 32.03- Bouza 28.93- Lucas 25.13)

Nos 400 libres Laura Rodriguez nadou en 4.41.94 e Fran Cobelo 4.21.03, ambos rondando a súa mellor marca. Fran Cobelo, logrou ademáis un terceiro posto na categoría absoluto mozo. Lucas Costa logrou un meritorio sexto posto na mesma proba con 4:05.31, que supón ademáis un novo record do CN Ponteareas.

En 100 Mariposa chegou a noticia máis destacada da xornada, xa que Irene Fernandez coa sua marca de 1:05.91, logrou bater a mellor marca galega de 13 anos (anterior de Miren Vicente -1:07.18) logrando ademáis o quinto posto absoluto.

A única nota negativa da xornada foi a descalificación de Martín nos 200 estilos, cando loitaba por estar entre os 4 mellores de Galicia, unha magoa xa que a marca final, supoñia a sua mellor marca personal.

Para finalizar a xornada con bo sabor de boca, as compoñentes do 4×200 libres femenino (ver foto) pulverizaron o record do Clube con un rexistro de 9:03.54(Laura 2.15.14- Irene 2.14.98- Sonia 2.18.68- Sara 2.16.74) logrando o oitavo posto absoluto.

Ver resultados