RESULTADOS XII TROFEO AMIZADE

Abr 04

Un ano máis o trofeo amizade deixounos un bo sabor de boca, xa que cada ano imos conseguindo un maior nivel en tódalas categorías. Este ano o club gañador foi o Club Natación Galaico-Sercoysa que se impuxo por 156 puntos o Club Natación Arteixo, e ocupou o terceiro posto a só tres puntos deste o Club Natación Ferrol-Elinco. Este ano o III premio Concello de Ponteareas levouno o nadador do Galaico Cristian Fernandez Nieto, con 630 puntos do 200 Libres, cun rexistr final de 1:59:20

En canto a actuación dos nosos nadadores temos que dar una especial mención a todos os nadadores das categorías infantil e Alevín, quenes competiron a un gran nivel de marcas. Mais discreta, pero non menos importante a actuación dos nosos junior e absoluto.

Esperamos que nas vindeiras edicións sigamos medrando na organización deste trofeo. Noraboa a todos os nadadores!

Ollar Resultados

Clasificacións por Club