A UN PASO DO ASCENSO….

Feb 16

O Club Natación Ponteareas conseguiu a segunda praza na última xornada da fase preliminar da Copa Galega celebrada o sábado día 12. O CN Ponteareas, que competía en casa, soamente foi superado polo R.C. Náutico de Vigo. Os nadadores locais demostraron un grande esforzo e realizaron unha fantástica actuación que, sen dúbida ningunha, se viu recompensada.

A clasificación para a fase final, que terá lugar nas instalacións do Real Club Nauticó de Vigo o 7 de Maio, queda da seguinte maneira:

1º R.C. Náutico de Vigo.

2º Club Natación Ponteareas.

3º AD Fogar.

4º Club Natación Arteixo.

5º AD Náutico de Narón.

6º CN Portamiñá.

Os ponteareáns loitarán nesta última fase polo ascenso á División de Honra. Isto suporía o terceiro ascenso consecutivo e o premio ao esforzo e a loita dos nadadores. Agora máis que nunca todos os nadadores deben esforzarse e adestrar para lograr o tan merecido ascenso.

¡¡¡Noraboa a todos!!!

Sigue lendo

CAMPIONATO GALEGO MASTER INVERNO

Ene 26

Este domingo, 23 de Xaneiro, os nosos Master desprázáronse a Carballo , onde se celebrou o campionato Galego de Natación Master. O equipo Master do CN Ponteareas non puido revalidar o seu título de Campions Galegos debido ás múltiples baixas. Finalmente, o título foi para os Locais, e os nosos masters, volveron cun meritorio 4º Posto na clasificación Conxunta (un excelente 2º posto na conxunta femenina e 5º na masculina).  En canto a resultados individuais, resaltar esas 41 medallas que viñeron para casa:  15 de ouro,9 de prata e 17 de bronce

¡¡¡Noraboa a todos!!!

Ollar Resultados

Sigue lendo

CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO JUN-ABS

Dic 21

Xa podedes ver a relación de inscritos por proba no campionato galego absoluto de inverno junior e absoluto no seguinte enlace :

http://www.fegan.org/cms/index.php?option=com_content&view=article&id=956

Sigue lendo

Campeonato de España CCAA Infantil

Dic 13

Onte, domingo 12 de decembro, finalizou o II Campeonato de España CCAA  Infantil. Cunha excelente participación de tódolos nadadores galegos, quenes  acadaron a 6ª praza na clasificación conxunta.

Respecto ós nosos nadadores, Adrián e Sara, fixeron un gran campionato no que  melloraron os seus mellores rexistros.

Na mañá do Domingo , Sara fíxose coa 8ª Praza cun tempo de 5.25.63 no  400Estilos.

¡¡Noraboa!!

Sigue lendo

1ª XORNADA CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR CCAA

Dic 11

Nesta primeira xornada os nosos nadadores,Adrián e Sara, obtiveron os seguintes  resultados

-Sara Gándara: 15ª no 200 Braza cun rexistro de 2.53.10

12ª no 100 Braza, proba na que obten a mínima para participar no  Campionato de España de Xoves cun                                  tempo de 1.20.15

-Adrián Gándara: 17º no 200 Braza cun rexistro de 2.37.59 e no 400 Estilos acada a  9º Praza cun tempo de 4.56.83

Nesta xornada tamén debemos destacar os 4º postos obtidos pola selección galega  nos relevos de 4×200 femenino, e 4×200 masculino, no cal participou Adrián.

¡¡Noraboa!!

Sigue lendo
Páxina 27 de 31« Inicio...1020...2526272829...Fin »