Exhibición de escolas

Abr 27



Este sábado, 30 de Abril terá lugar na piscina municipal  unha  exhibición das escolas do Club Natación Ponteareas. A exhibición  comezará as 16:00 e terá unha duración aproximada de unha hora.

¡¡ Contamos contigo!!



Sigue lendo

Horario Adestramentos Semana Santa

Abr 14

Durante a semana santa os horarios de adestramento serán os seguintes:

LUNS, MARTES ,MÉRCORES E SÁBADO

9:00 e 16:00 – Infantil, Junior e Absoluto

16:00 – Alevín e Benxamín

XOVES E VENRES

todos os grupos as 10:00

Sigue lendo

RESULTADOS XII TROFEO AMIZADE

Abr 04

Un ano máis o trofeo amizade deixounos un bo sabor de boca, xa que cada ano imos conseguindo un maior nivel en tódalas categorías. Este ano o club gañador foi o Club Natación Galaico-Sercoysa que se impuxo por 156 puntos o Club Natación Arteixo, e ocupou o terceiro posto a só tres puntos deste o Club Natación Ferrol-Elinco. Este ano o III premio Concello de Ponteareas levouno o nadador do Galaico Cristian Fernandez Nieto, con 630 puntos do 200 Libres, cun rexistr final de 1:59:20

En canto a actuación dos nosos nadadores temos que dar una especial mención a todos os nadadores das categorías infantil e Alevín, quenes competiron a un gran nivel de marcas. Mais discreta, pero non menos importante a actuación dos nosos junior e absoluto.

Esperamos que nas vindeiras edicións sigamos medrando na organización deste trofeo. Noraboa a todos os nadadores!

Ollar Resultados

Clasificacións por Club

Sigue lendo

SUMARIO DE PARTICIPANTES POR PROBA DO TROFEO AMIZADE

Abr 01

Fai click aqui para ollar o sumario de participantes por proba

Sigue lendo

PRESENTACIÓN DO XII AMIZADE

Mar 27

Este Martes, 29-03-11 terá lugar no Concello de Ponteareas a presentación do XII Trofeo Amizade, que terá lugar o Domingo 3 de Abril na piscina municipal de Ponteareas en sesión de mañá e de tarde.

Un ano máis vimos organizando este Trofeo Amizade, que xa cumple a súa 13ª edición. E será o terceiro ano consecutivo, no que se entregue o trefeo “Concello de Ponteareas” o mellor nadador do Torneo.

Este ano contamos cun importante número de participantes, 240 nadadores repartidos entre as categorias, alevín,infantil e junior-absoluto.

Agardamos que sexa unha boa oportunidade para todos os nadadores de competir o  mellor nivel posible.

Sigue lendo
Páxina 26 de 31« Inicio...1020...2425262728...Fin »