Os Master competiron en Carballo

Dic 14

Foto equipo master carballo liga2

Bo nivel de marcas, e sobre todo bo ambiente, dos nosos “rapaces” máis novos en Carballo.

O noso equipo Master desplazou a Carballo un total de 16 deportistas, para participar na segunda xornada de Liga. As probas a desputar eran: 200 braza, 50 libres, 50 costas, 100 bolboreta e remudas de 4×50 estilos mixto.

Aínda non temos os resultados oficiais pero podemos adiantar que houbo bastantes nadadores que melloraron os seus rexistros personais e sobre todo, que o ambiente entre os integrantes do CN Ponteareas foi inmellorable.

Nos proximos días penduraremos os resultados na web.

 

 

Sigue lendo

Boas marcas na Liga Infantil

Dic 14

O Sábado desprazaronse a Ourense 8 nadadoras do CN Ponteareas, para participar na segunda xornada de liga infantil.

Pese a que a competición foi moi curta, e as nadadoras tiveron que nadar as dúas probas  nas que participaban,  de forma moi consecutiva e sen apenas descanso; o nivel de marcas, e sobre todo a actitude que amosaron as nosas deportistas foi excelente.

A falta dos resultados oficiais, que colgaremos na web en canto os teñamos a nosa disposición, destacaron as mellores marcas persoais de Sara Ibañez en 200 libre, que rozou a minima nacional, Sonia González en 100 braza e Irene Fernande en 200 Estilos.

 

Tamén debemos destacar a boa actuación de dúas nadadoras que debutarón na liga infantil: Lorena Rodriguez e Nahir Pimentel.

Equipo Infantil Ourense

Sigue lendo

Así foi o debút de Martín no nacional Absoluto

Dic 14

Martín Carrera, non rematou excesivamente contento a súa participación no Campionato de España Absoluto (Sabadell). A sensacións que tivo na proba e a posterior análise do resultado, co seu adestrador, fan que podamos pensar nunha marca máis ambiciosa a curto plazo.

IMAG2254

Non obstante cabe destacar que o rexistro supón unha mellor marca personal para Martín na proba de 400 estilos, xa que acudía a Sabadell con un rexistro de 4.38.81 e nesta ocasión, nadador pontarean acadou o posto 45 con unha marca de 4:37.64.

A semana que ven Martín tendrá unha nova oportunidade na mesma proba, na disputa do Campionato Galego Absoluto en Santiago.

Ver resultados 400 estilos

Sigue lendo

Fin de semana de Competición para o CNPonteareas

Dic 11

Esta fin de  semana o CN Ponteareas tendrá actividade en tres frentes.

En primeiro lugar o Sabado 14 pola tarde Martín Carrera Participará nos 400 estilos do Campionato de España Absoluto, rodeado da elite nacional. Ver convocatoria

martin

Podedes seguir o Campionato no seguinte enlace:

Cto. España Absoluto p25m

Por outra banda os nadadores da categoría infantil, disputarán en Ourense a segunda xornada da liga galega infantil. Será na piscina Rosario Dueñas a partir das 16:30 horas.

Ver convocatoria

 

E por ultimo e non menos importante, os nosos masters participarán en Carballo, na segúnda xornada de liga master. Será o Domingo as 10.00 horas

Ver Convocatoria

 

Sorte a todos.

Estaremos atentos as evolucións de todos.

Sigue lendo

PRIMEIRA COMPETICIÓN TEMPADA 2014-15

Oct 15

xiii-trofeo-amizade-natacion-ponteareas-s4-extra-50Pistoletazo de saída para a tempada 2014-2015. Esta fin de semana comeza a competición coa celebración da primeira xornada de liga galega infantil.

Esta competición estrea formato, nesta campaña, e está cargada de moitas dubidas, pero seguro que os nosos deportistas están a altura e aproveitan a ocasión para competir o 100%.

A cita será o Sabado,  en Monforte, a partir das 17.00 horas.

Ver Convocatoria

Sorte a todos.

 

Sigue lendo
Páxina 16 de 32« Inicio...10...1415161718...30...Fin »