RESUMO 1ª XORNADA CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO

Dic 19

IMAG2274

 

Bo comezo de campionato para os nadadores do CN Ponteareas.

Comezamos cos relevos de 4×50 estilos, onde o equipo feminino bateu o record do Clube con unha marca de 2:08.56 (Sara 32.72, Sonia 35.93, Irene 30.13, Mencia 29.78) e o masculino firmou tamén un bo rexistro 1:56.26 (Fran 30.13- Martín 32.03- Bouza 28.93- Lucas 25.13)

Nos 400 libres Laura Rodriguez nadou en 4.41.94 e Fran Cobelo 4.21.03, ambos rondando a súa mellor marca. Fran Cobelo, logrou ademáis un terceiro posto na categoría absoluto mozo. Lucas Costa logrou un meritorio sexto posto na mesma proba con 4:05.31, que supón ademáis un novo record do CN Ponteareas.

En 100 Mariposa chegou a noticia máis destacada da xornada, xa que Irene Fernandez coa sua marca de 1:05.91, logrou bater a mellor marca galega de 13 anos (anterior de Miren Vicente -1:07.18) logrando ademáis o quinto posto absoluto.

A única nota negativa da xornada foi a descalificación de Martín nos 200 estilos, cando loitaba por estar entre os 4 mellores de Galicia, unha magoa xa que a marca final, supoñia a sua mellor marca personal.

Para finalizar a xornada con bo sabor de boca, as compoñentes do 4×200 libres femenino (ver foto) pulverizaron o record do Clube con un rexistro de 9:03.54(Laura 2.15.14- Irene 2.14.98- Sonia 2.18.68- Sara 2.16.74) logrando o oitavo posto absoluto.

Ver resultados

Sigue lendo

COMPETICIÓN DOS MÁIS NOVOS DO CLUBE. Ligas de idades en Pontevedra

Dic 17

liga alevin benjamín Ponteareas

 

O sábado día 20 de Decembro,  turno para os nadadores das categorías base do CN Ponteareas. En Pontevedra poderemos disfrutar, coa organización do CN Galaico, de unha xornada completa de natación que comezará coa desputa da 2ª xornada de liga Promesa, continuará coa 3ª xornada de liga benxamín e rematará coa 3ª xornada de liga alevín.

O CN. Ponteareas despraza a cidade do Lérez máis de 50 nadadores entre as tres categorías.

Os promesas nadarán 25 costas.

Ver Convocatoria

Os benxamíns nadarán 100 libres, 50 libres e 50 bolboreta.

Ver Convocatoria

E por último os nadadores da categoría alevín, nadarán 400 libres, 200 libres, 100 bolboreta e 100 estilos.

Ver Convocatoria

Seguro que os nosos pequenos nadadores non perden a oportunidade para amosar os seus progresos.

Sigue lendo

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE INVERNO. Primeira gran cita do calendario autonómico 2014-15

Dic 15

Cartel absoluto

A próxima fin de semana poderemos ver ós mellores nadadores de Galicia en Santiago. Na desputa do Campionato Galego Absoluto de inverno.

O CN. Ponteareas terá unha boa representación nesta gran cita. No referente ó equipo masculino destacan Lucas Costa e Martín Carrera, que tendrán opcións claras de podiúm en algunha das súas probas. Francisco Cobelo tamén pelexará polos postos de honra na categoría Absoluto Mozo(18-19 anos).

En canto a representación feminina, CN Ponteareas conta con un equipo moi novo, ningunha das representantes é absoluta. Formado por 6 nadadoras que tratarán de mellorar as súas marcas persoáis e coller experiencia nas grandes citas. Destacan as nadadoras Irene Fernandez, Sara Ibañez, Laura Rodríguez e Sonia González que buscan en Santiago as mínimas para o Campionato de España de Inverno.

Na seguinte ligazón podedes seguir os resultados da competición:

Campionato Galego Absoluto

foto equipo absolutoVer Convocatoria

Sigue lendo

Os Master competiron en Carballo

Dic 14

Foto equipo master carballo liga2

Bo nivel de marcas, e sobre todo bo ambiente, dos nosos “rapaces” máis novos en Carballo.

O noso equipo Master desplazou a Carballo un total de 16 deportistas, para participar na segunda xornada de Liga. As probas a desputar eran: 200 braza, 50 libres, 50 costas, 100 bolboreta e remudas de 4×50 estilos mixto.

Aínda non temos os resultados oficiais pero podemos adiantar que houbo bastantes nadadores que melloraron os seus rexistros personais e sobre todo, que o ambiente entre os integrantes do CN Ponteareas foi inmellorable.

Nos proximos días penduraremos os resultados na web.

 

 

Sigue lendo

Boas marcas na Liga Infantil

Dic 14

O Sábado desprazaronse a Ourense 8 nadadoras do CN Ponteareas, para participar na segunda xornada de liga infantil.

Pese a que a competición foi moi curta, e as nadadoras tiveron que nadar as dúas probas  nas que participaban,  de forma moi consecutiva e sen apenas descanso; o nivel de marcas, e sobre todo a actitude que amosaron as nosas deportistas foi excelente.

A falta dos resultados oficiais, que colgaremos na web en canto os teñamos a nosa disposición, destacaron as mellores marcas persoais de Sara Ibañez en 200 libre, que rozou a minima nacional, Sonia González en 100 braza e Irene Fernande en 200 Estilos.

 

Tamén debemos destacar a boa actuación de dúas nadadoras que debutarón na liga infantil: Lorena Rodriguez e Nahir Pimentel.

Equipo Infantil Ourense

Sigue lendo
Páxina 14 de 31« Inicio...1213141516...2030...Fin »