Boa representación do CN Ponteareas no Galego de Inverno Master

Ene 29

Un total de 17 nadadores acudirán este domingo (01/02/2015) a Carballo, para disputar o Campionato Galego Master de inverno.

Os nadadores de Ponteareas van cargados de ilusión e a bo seguro que nos traeran unha boa cantidade de medallas, como nos teñen acostumados.

Pero sen dúbida o máis importante é poder desfrutar da experiencia do campionato, algo que seguramente será doado, pois este tipo de competición sempre está rodeada de un gran ambiente festivo tanto por parte dos participantes como dos organizadores.

Master 1 Ver Convocatoria

Sigue lendo

Irene e Sonia no Campionato de España por CC. AA.

Ene 29

As nadadoras do CN Ponteareas, Irene Fernández Pardo e Sonia González Piñeiro foron convocadas para participar coa selección galega no Campionato de España por Comunidades Autónomas, que terá lugar esta fin de semana en Castellón (La Salera).

Irene y sonia CCAA

Irene participará nos 100 e 200 bolboreta e nos 50,100 e 200 libres; mentres que Sonia nadará os 100 e 200 braza.

O campionato terá lugar o Sábado 31 de Xaneiro e o Domingo 1 de Febreiro, no seguinte enlace poderedes seguir a competición:

Web Campionato

Dende o CN Ponteareas desexamos que as nosas nadadoras aproveiten a experiencia e obteñan os mellores resultados posibles.

Sigue lendo

Toma de Tempos de Inverno Domingo 25 Xaneiro

Ene 23

 

O domingo día 25 de xaneiro temos unha cita coa natación na piscina do Complexo Deportivo Alvaro Pino, coa desputa da Toma de Tempos de Inverno.
TOMA DE TEMPOS INVERNO

 

Un total de 125 nadadores apuran as súas ultimas oportunidades para acadar as mínimas para os campionatos autonómicos e nacionáis, de inverno.

Participarán nadadores de CN Rias Baixas, Real Club Nautico de Vigo, CN Redondela, CN Mos e CN. Galaico.

A cita a partires das 10.00 horas, unha boa oportunidade para desfrutar da natación en Ponteareas,

Sigue lendo

2ª Xornada Liga De Clubes

Ene 22

O noso equipo absoluto desprazase este sábado, 24 de xaneiro, a Coruña (Riazor), para desputar a segunda xornada da liga de clubes. Os nosos nadadores buscan continuar na mesma liña que na primeira xornada e loitar polo terceiro posto da clasificación.

Recordamos que este ano estamos nun grupo preliminar con CN Galaico, CN Coruña, Fluvial de Lugo, Nautico de Narón e CN Xove.

equipo absoluto

 

ver convocatoria

Sigue lendo

CN Ponteareas máis solidario que nunca

Ene 01

O CN Ponteareas participa de forma activa no I Maratón Solidario que terá lugar no complexo Alvaro Pino  dende o Venres día 2 as 19:00 horas ata o Sabado día 3 as 19:00 horas.

O maratón consta de varias actividades como podedes observar no cartel do evento.

maraton solidario Cartel

O CN Ponteareas terá a responsabilidade de encher a piscina nun horario un tanto extraño, dende as 23.00 horas ata as 9:00 horas, pero confiamos nos cidadans de Ponteareas e na súa solidaridade, así como na dos membros do CN Ponteareas, que a bo seguro se querrán mandar un “chapuzón nocturno”.

O noso obxetivo particular, despóis do primordial, que é a achega de alimentos e productos de primeira necesidade (Tomate fritido, cereais, aceite e productos de hixiene e limpeza); será ocupar as seis rúas da piscina municipal con alomenos un nadador dende as 23.00 ata as 9.00 horas. Non importa o nivel, o tempo que queiras nadar, a distancia e a intensidade corren da túa conta.

Esperamosvos a todos, xa sabes non te quedes sen mollarte pola solidariedade e da o teu relevo solidario.

 

Sigue lendo
Páxina 13 de 32« Inicio...1112131415...2030...Fin »