Listas de Admitidos XVI Trofeo Amizade

Abr 07

XVI TROFEO AMIZADE 2.1-01No seguinte enlace podes consultar as listaxes de participantes no XVI Trofeo Amizade.

Lista de inscritos 

Sigue lendo

LUCAS COSTA ENTRE A ELITE NACIONAL

Mar 25

cartel open malaga

lucas costa foto para malaga

O Pontearean Lucas Costa participará no campionato de España Open de Primavera, que se disputará en Malaga, dende o Sábado 28 de marzo, ata o Domingo 31 do mesmo mes.

Esta competición é a máis importante do calendario nacional absoluto. Lucas tomará parte da mesma, pese a ser todavía nadador junior. Compartirá piscina cos mellores nadadores españois, que buscan a clasificación para o mundial de Kazan; ademáis de un bo número de nadadores internacionáis, que se aproveitan de que se trata dunha competición  tipo Open.

Pese a non ser o principal obxetivo da tempada para Lucas, estamos seguro que dará todo o seu 100 por 100, como nos ten acostumados cada vez que compite. E a bo seguro que aproveitará esta nova oportunidade de competir o máximo nivel.

Lucas participará nos 1500 libres e nos 800 libres.  No seguinte enlace poderedes seguir todo o campionato, ainda que a competición tamén se poderá seguir por teledeporte.

Web do Campionato

Sigue lendo

Tres representantes no Nacional de Cádiz

Feb 26

cartel infantil Cadiz

Os nadadores Lucas Costa, Sara Ibañez e Irene Fernández, participarán dende mañá, Xoves 26 de febreiro, ata o Domingo, 1 de marzo, no campionato de España Junior infantil.

lucas sara irene Cadiz

Lucas tomará parte nos 1500 libres, 400 libres e 200 libres; Sara nos 100 costas, 200 costas e 200 libres; mentres que Irene disputará os 50 libres, 100 libres, 100 bolboreta, 200 bolboreta e 200 costas.

No seguinte enlace podedes consultar todo o referente a competición, sen dúbida unha das máis importantes do calendario nacional:

Web do Campionato

 

Sigue lendo

Unha medalla de ouro unha morea de mellores marcas e moita superación

Feb 22

IMG-20150222-WA0015

Finalizado o campionato de España Master, disputado en Pontevedra, debemos destacar, no que a nosa participación se refire, a Marta Saladina que se proclamou campiona de España, da súa categoría, nos 100 costas.

IMG-20150221-WA0012Todos os nosos participantes competiron a gran nivel nas súas probas, logrando superar  os seus mellores rexistros.

Pero a natación non se resume en marcas, dende o CN Ponteareas cremos que o realmente importante e ver como un grupo de persoas que hai uns anos tiña a natación como un simple pasatempo, como unha actividad física, acaban  de rematar a sua participar nun campionato de nivel nacional, e converteron a natación no seu deporte demostrando o seu entorno un gran espíritu de superación e que nunca e tarde para perseguir un soño.

Marta,  Carmen, Vero, Tania, Pedro e Javi gracias por representarnos, todos os que formamos parte deste equipo estamos moi orgullosos de vos.

Sigue lendo

6 Representantes no Campionato de España Master

Feb 19

1423107494_10860984_332090460333182_6561329949002419933_o

Seis representantes do CN Ponteareas participarán dende a tarde do Xoves 19 de Febreiro ata a mañá do Domingo 22, no campionato de España Máster que se celebra en Pontevedra.

Carmen Sueiro, Marta Saladina González, Javier Vila, Pedro Lois Suárez, Tania Suárez e Verónica Troncoso son os nomes que nos representarán en Pontevedra.

Estaremos atentos as súas participacións durante toda a fin de semana.

Sigue lendo
Páxina 12 de 33« Inicio...1011121314...2030...Fin »