Os Irmáns Gándara no Campionato de España de Xóvenes
feb 27
Este fin de semana disputouse en Mallorca (Son Hugo) o Campionato de España de Natación Xóvenes, no que representaron o noso club unha vez mais os “irmáns Gándara”. Sara participou nas probas de 100 braza e 400 Estilos, sendo das máis pequenas do campionato demostrou que estaba a altura das circunstancias rebaixando as súas millores marcas: 1’22”45 e 5’35”16 nas dúas probas respectivamente.
Por outra banda Adrián , pese una inoportuna oititis moi preto do campionato, estivo tamén a altura da ocasión rebaixando o seu mellor rexistro cun tempo de 4’21”56 no 400 libre, acadando a 4ª praza da súa idade.
Ambos, regresarán hoxe a súa casa con boas sensacións desta primeira toma de contacto coa piscina larga. O vindeiro fin de semana competirán no campionato Galego Infantil, co público de casa.
Noraboa Rapaces!!!
Artigos relacionados:




