LUCAS COSTA ENTRE A ELITE NACIONAL

Mar 25

cartel open malaga

lucas costa foto para malaga

O Pontearean Lucas Costa participará no campionato de España Open de Primavera, que se disputará en Malaga, dende o Sábado 28 de marzo, ata o Domingo 31 do mesmo mes.

Esta competición é a máis importante do calendario nacional absoluto. Lucas tomará parte da mesma, pese a ser todavía nadador junior. Compartirá piscina cos mellores nadadores españois, que buscan a clasificación para o mundial de Kazan; ademáis de un bo número de nadadores internacionáis, que se aproveitan de que se trata dunha competición  tipo Open.

Pese a non ser o principal obxetivo da tempada para Lucas, estamos seguro que dará todo o seu 100 por 100, como nos ten acostumados cada vez que compite. E a bo seguro que aproveitará esta nova oportunidade de competir o máximo nivel.

Lucas participará nos 1500 libres e nos 800 libres.  No seguinte enlace poderedes seguir todo o campionato, ainda que a competición tamén se poderá seguir por teledeporte.

Web do Campionato