LIGAS DE IDADES EN PONTEVEDRA

Dic 20

A falta dos resultados oficiáis podemos dicir que tanto a 2ª xornada de liga promesa como a 3ª xornada de liga benxamín e alevín foron un exito para os nosos nadadores.

Os nadadores desprazados hoxe (20/12/2014) ó Complexo Deportivo Rías do Sur, competiron a gran nivel e lograron unha morea de mellores marcas persoais e o que é máis importante, sumaron unha nova experiencia na súa formación como deportistas.

tercera jornada liga benjamín

Debemos destacar que varios nadadores obtiveron marcas mínimas para o Campionato Galego Alevín, e mesmo algún deles se acercou as mínimas para o campionato de España. Falamos de: Brais Vila, Adrián Casares e Marcos Martínez  nos 200 libres; Javier Vila, Brais Pino, Carla Faro, Andrea Domínguez, Laura González e Angela Cobelo en 400 libres.

O corpo técnico está moi contento cos progresos amosados polos nadadores destas categorias e espera, con ilusión, que a progresión se manteña o longo da tempada.