Irene e Sonia no Campionato de España por CC. AA.

Ene 29

As nadadoras do CN Ponteareas, Irene Fernández Pardo e Sonia González Piñeiro foron convocadas para participar coa selección galega no Campionato de España por Comunidades Autónomas, que terá lugar esta fin de semana en Castellón (La Salera).

Irene y sonia CCAA

Irene participará nos 100 e 200 bolboreta e nos 50,100 e 200 libres; mentres que Sonia nadará os 100 e 200 braza.

O campionato terá lugar o Sábado 31 de Xaneiro e o Domingo 1 de Febreiro, no seguinte enlace poderedes seguir a competición:

Web Campionato

Dende o CN Ponteareas desexamos que as nosas nadadoras aproveiten a experiencia e obteñan os mellores resultados posibles.