A UN PASO DO ASCENSO….

Feb 16

O Club Natación Ponteareas conseguiu a segunda praza na última xornada da fase preliminar da Copa Galega celebrada o sábado día 12. O CN Ponteareas, que competía en casa, soamente foi superado polo R.C. Náutico de Vigo. Os nadadores locais demostraron un grande esforzo e realizaron unha fantástica actuación que, sen dúbida ningunha, se viu recompensada.

A clasificación para a fase final, que terá lugar nas instalacións do Real Club Nauticó de Vigo o 7 de Maio, queda da seguinte maneira:

1º R.C. Náutico de Vigo.

2º Club Natación Ponteareas.

3º AD Fogar.

4º Club Natación Arteixo.

5º AD Náutico de Narón.

6º CN Portamiñá.

Os ponteareáns loitarán nesta última fase polo ascenso á División de Honra. Isto suporía o terceiro ascenso consecutivo e o premio ao esforzo e a loita dos nadadores. Agora máis que nunca todos os nadadores deben esforzarse e adestrar para lograr o tan merecido ascenso.

¡¡¡Noraboa a todos!!!