Fin de semana completo para os nosos nadadores

Dic 09

Esta fin de semana competirán todos nadadores da categoría benxamín en adiante

O sábado, xornada de liga para os nosos benxamíns, quenes competirán en Ourense. Pero sen dúbida,  todos estaremos atentos o Campeonato de España Infantil por CCAA(M-86.Madrid), e en especial dos nosos nadadores Sara e Adrián. Na sesión de mañana, Sara desputará o 200 Braza, ás 11:14 da mañá. E pola tarde teremos: as 17:44 o 200 Braza de Adrián, seguidamente virá a proba favorita de Sara, o 100 Braza,proba na que o ano pasado obtivo a medalla de bronce. E para rematar a sesión Adrián nadará o 400 Estilos, que será aproximadamente sobre as 18:30

O domingo, na piscina M-86 Sara nadará o 400Estilos as 10:26. Mentres tanto na piscina do Real Club Náutico de Vigo terá lugar, un ano mais o XXIV Trofeo de Navidad  na que estará a maioría do noso equipo infantil e os nosos Junior e Absoluto.

Desexámoslle moita sorte a todos os nadadores para que melloren as súas marcas.

Lembramos que poden seguir o Campeonato de España na página da Real Federación Española de Natación.

http://www.rfen.es/publicacion/campeonatos/main.asp?c=2010XXXX1003&s=2010&fed=rfen100