Fase Final Copa Galega de Clubes

Abr 30

O próximo sábado,7 de maio, terá lugar nas instalacións do Real Club Náutico de Vigo a fase final da copa galega de clubes. O Club Natación Ponteareas loitará polo ascenso a división de Honra contra o Club Natación Carballo e club anfitrión.

Animamos a todos para que se acheguen a Vigo a apoiar ós nosos nadadores, que poden facer historia conseguindo o seu tercer ascenso consecutivo na copa galega de clubes. A competición comezará entorno as 10:30 da mañá.

Contamos co voso apoio!!!