Éxitos do CNPonteareas no XXI Campionato de España de Augas Abertas

Jun 18

Éxito do noso Clube esta fin de semana en Sevilla (Campionato de España de Augas Abertas)onde Andrea Dominguez Casabella e Pablo Cabana del Amo acadaron o Campionato de España na categoría Infantil (distancia 5km) e con iso a praza para competir coa selección Nacional no Campionato de Europa que se vai disputar o 14 e 15 de Xullo en Malta. Ademáis, Andrea quedou clasificada para participar na Mediterranean  Open Water Swimming Cup, proba na que tamén acudirá coa selección nacional e que terá lugar en Grecia  28 e 29 de Xullo.

O equipo formado por Carla Faro, Laura Rodrigez, Andrea Dominguez, Lucas Costa, Marcos Martínez, Javier Alonso e Pablo Cabana conseguiu o 9ª posto masculino e o 4º feminino, participando de xeito salientable tod@s el@s nas súas probas individuais e máis nunha remuda de 4x1250m onde foron 6º clasificados.

Pablo e Andrea van ser por tanto os primeiros NADADORES INTERNACIONAIS do Clube na súa historia, coa posibilidade de saír clasificados para participar no mundial de augas abertas dependendo da súa clasificación no Europeo.

Noraboa a todo o equipo, e moitísima forza para os representantes do Campionato de Europa!!!!!!