CN Ponteareas máis solidario que nunca

Ene 01

O CN Ponteareas participa de forma activa no I Maratón Solidario que terá lugar no complexo Alvaro Pino  dende o Venres día 2 as 19:00 horas ata o Sabado día 3 as 19:00 horas.

O maratón consta de varias actividades como podedes observar no cartel do evento.

maraton solidario Cartel

O CN Ponteareas terá a responsabilidade de encher a piscina nun horario un tanto extraño, dende as 23.00 horas ata as 9:00 horas, pero confiamos nos cidadans de Ponteareas e na súa solidaridade, así como na dos membros do CN Ponteareas, que a bo seguro se querrán mandar un “chapuzón nocturno”.

O noso obxetivo particular, despóis do primordial, que é a achega de alimentos e productos de primeira necesidade (Tomate fritido, cereais, aceite e productos de hixiene e limpeza); será ocupar as seis rúas da piscina municipal con alomenos un nadador dende as 23.00 ata as 9.00 horas. Non importa o nivel, o tempo que queiras nadar, a distancia e a intensidade corren da túa conta.

Esperamosvos a todos, xa sabes non te quedes sen mollarte pola solidariedade e da o teu relevo solidario.