CN Galaico e María Vilas, protagonistas no XVI Trofeo Amizade

Abr 15

O Galaico de Pontevedra foi o gañador, por terceiro ano consecutivo, do Trofeo Amizade. A competición caracterizouse polo man a man  dos de Pontevedra co CN Ponteareas, pero finalmente por unha escasa diferenza de 14 puntos, o trofeo foi a parar a mans dos Pontevedreses. O CN Pabellón de Ourense, ocupou a terceira posición no podium final.

Clasificación clubes

No referente o VII Trofeo Concello de Ponteareas, a mundialista en Qatar, do CN Riveira, MARÍA VILAS, foi a gañadora. Este trofeo premia o nadador/a que realice a millor marca nunha das suas probas. Para comparar probas utilizase unha taboa compensatoria (Tabla FINA). María Vilas impusoxe tras nadar a pr0ba de 200 estilos en 2:18 logrando unha puntuación FINA de 702 puntos.

Maria Vilas

A competición trouxo a Ponteareas un total de 230 nadadores, cos seus familiares, que disfrutaron dunha boa xornada de deporte/competición na Vila do Tea.

Resultados XVI Trofeo Amizade