CAMPIONATO DE ESPAÑA DE AUGAS ABERTAS

Jul 17

No pasado mes de Xuño, as nadadoras do C.N. Ponteareas Andrea Domínguez Casabella e Laura Rodriguez Novoa participaron no Campionato de España de Augas Abertas no lago de Banyoles, Girona.

Andrea Domínguez competiu na categoria infantil, na distancia de 5 km, e conseguiu o 19º lugar, mentres que Laura Rodriguez participou na categoria Junior completando unha distancia de 7,5 km e finalizando en 5º posición logo de loitar pola terceira posición nun sprint no remate da proba.

Noraboa polo traballo e os bos resultados!