CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE INVERNO. Primeira gran cita do calendario autonómico 2014-15

Dic 15

Cartel absoluto

A próxima fin de semana poderemos ver ós mellores nadadores de Galicia en Santiago. Na desputa do Campionato Galego Absoluto de inverno.

O CN. Ponteareas terá unha boa representación nesta gran cita. No referente ó equipo masculino destacan Lucas Costa e Martín Carrera, que tendrán opcións claras de podiúm en algunha das súas probas. Francisco Cobelo tamén pelexará polos postos de honra na categoría Absoluto Mozo(18-19 anos).

En canto a representación feminina, CN Ponteareas conta con un equipo moi novo, ningunha das representantes é absoluta. Formado por 6 nadadoras que tratarán de mellorar as súas marcas persoáis e coller experiencia nas grandes citas. Destacan as nadadoras Irene Fernandez, Sara Ibañez, Laura Rodríguez e Sonia González que buscan en Santiago as mínimas para o Campionato de España de Inverno.

Na seguinte ligazón podedes seguir os resultados da competición:

Campionato Galego Absoluto

foto equipo absolutoVer Convocatoria