Campionato de España infantil de Verán.

Ago 02

Nas datas do 27 ao 30 de Xullo tivo lugar o XXXIX Campionato Infantil De Verán na Piscina do Centro Acuático de Málaga.

No mesmo, os nadadores Carla Faro e Javier Alonso representaron ao noso clube tendo unha moi boa actuación.

A primeira acadou tres finais, 100m. Braza (rematou 9ª), 400m. Estilos (8º posición) e 200m. Estilos (10ª posición) e participou tamén nas probas de 50m. libres e 100m. bolboreta.

Pola súa banda, Javier Alonso acadou a súa mellor marca persoal nos 400m. (21ª posición cun tempo de 4:18.79) Libres e  participou tamén nos 200 m. libres.

Ambos os dous trouxeron boas sensacións para enfrontar máis retos no futuro.

Parabéns!