Boas marcas na Liga Infantil

Dic 14

O Sábado desprazaronse a Ourense 8 nadadoras do CN Ponteareas, para participar na segunda xornada de liga infantil.

Pese a que a competición foi moi curta, e as nadadoras tiveron que nadar as dúas probas  nas que participaban,  de forma moi consecutiva e sen apenas descanso; o nivel de marcas, e sobre todo a actitude que amosaron as nosas deportistas foi excelente.

A falta dos resultados oficiais, que colgaremos na web en canto os teñamos a nosa disposición, destacaron as mellores marcas persoais de Sara Ibañez en 200 libre, que rozou a minima nacional, Sonia González en 100 braza e Irene Fernande en 200 Estilos.

 

Tamén debemos destacar a boa actuación de dúas nadadoras que debutarón na liga infantil: Lorena Rodriguez e Nahir Pimentel.

Equipo Infantil Ourense