Boa representación do CN Ponteareas no Galego de Inverno Master

Ene 29

Un total de 17 nadadores acudirán este domingo (01/02/2015) a Carballo, para disputar o Campionato Galego Master de inverno.

Os nadadores de Ponteareas van cargados de ilusión e a bo seguro que nos traeran unha boa cantidade de medallas, como nos teñen acostumados.

Pero sen dúbida o máis importante é poder desfrutar da experiencia do campionato, algo que seguramente será doado, pois este tipo de competición sempre está rodeada de un gran ambiente festivo tanto por parte dos participantes como dos organizadores.

Master 1 Ver Convocatoria