Andrea Dominguez e Pablo Cabana no Campionato Europeo de Augas Abertas

Jul 14

Extraordinaria actuación dos nadadores do C.N. Ponteareas no Campionato Europeo de Natación en augas abertas que disputouse nas costas de Malta onte Venres 13 de Xullo.

Andrea Dominguez Casabella rematou en 11º posición, entrando na meta xunto a súa compañeira na selección Española, e Pablo Cabana del Amo chegaba nun 8º posto (1º dos españois) nas súas probas, un circuito de 5 km de distancia na categoría infantil.

Ambo os dous fixeron un traballo moi salientable, loitanto ata o final polas primeiras posicións e acadando uns magníficos resultados.

É moi posible que teñan a posibilidade, logo de obter estes resultados, de ser chamados de novo coa selección Española para participar no mundial da categoría que se terá lugar en Setembro en Israel.  Agardamos esa esperanza pero, pase o que pase, a súa actuación como primeiros nadadores do Clube en participar nunha proba Europea son un éxito.

Noraboa!!!!