Resultados circuito augas abertas

Sep 13

Na seguinte ligazón podedes consultar os resultados do Circuito Galego de Augas Abertas 2016-2017.

www.fegan.org/post/2339

Os nosos representantes acadaron uns resultados moi salientables. Imos facer un repaso:

Categoría Masculina Absoluta:

Francisco Cobelo ( 2º), Javier Alonso (5º), Denis Incutti (10º), Martin Carrera (11º) e Marcos Martínez (12º)

Categoría Feminina Absoluta, Laura Rodriguez (3º) e Andrea Dominguez (4º)

Categoría Master-2: Verónica Varela (2º) e Cristina Calviño (3)

Noraboa a todos polos éxitos!

 

Sigue lendo

Resultados II Travesía Vila do Tea

Ago 23

elite_3600

popular_master

popular_master_3600

 

Sigue lendo

Campionato de España infantil de Verán.

Ago 02

Nas datas do 27 ao 30 de Xullo tivo lugar o XXXIX Campionato Infantil De Verán na Piscina do Centro Acuático de Málaga.

No mesmo, os nadadores Carla Faro e Javier Alonso representaron ao noso clube tendo unha moi boa actuación.

A primeira acadou tres finais, 100m. Braza (rematou 9ª), 400m. Estilos (8º posición) e 200m. Estilos (10ª posición) e participou tamén nas probas de 50m. libres e 100m. bolboreta.

Pola súa banda, Javier Alonso acadou a súa mellor marca persoal nos 400m. (21ª posición cun tempo de 4:18.79) Libres e  participou tamén nos 200 m. libres.

Ambos os dous trouxeron boas sensacións para enfrontar máis retos no futuro.

Parabéns!

Sigue lendo

Éxitos no Campionato de España Alevín de Verán

Jul 27

Do 19 ao 22 de Xullo disputouse en Barcelona (Piscinas Bernat Picornell) o Campionato de España Alevín do verán. No mesmo o Clube Natación Ponteareas desprazou tres nadadores, Francisco J. Rodriguez que nadou a final do 1500m. libres (30 posición), Marcos Martínez que nadou tamén a final do 1500m. libres (36º posición) e Pablo Cabana que foi quen de rematar CAMPIÓN de ESPAÑA en 1500m. libres e SUBCAMPIÓN de ESPAÑA nas probas de 400 m. Estilos, 200 m. bolboreta e 400 m. Libres.

Noraboa aos tres!!!!!

Sigue lendo

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE AUGAS ABERTAS

Jul 17

No pasado mes de Xuño, as nadadoras do C.N. Ponteareas Andrea Domínguez Casabella e Laura Rodriguez Novoa participaron no Campionato de España de Augas Abertas no lago de Banyoles, Girona.

Andrea Domínguez competiu na categoria infantil, na distancia de 5 km, e conseguiu o 19º lugar, mentres que Laura Rodriguez participou na categoria Junior completando unha distancia de 7,5 km e finalizando en 5º posición logo de loitar pola terceira posición nun sprint no remate da proba.

Noraboa polo traballo e os bos resultados!

Sigue lendo
Páxina 1 de 3112345...102030...Fin »